Casa o chalet en Lugar Lugar Vilar de Arriba, 8, Oroso
Oroso
A 20 minutos do CENTRO DE SANTIAGO, a 6 minutos de SIGÜEIRO e a 9 minutos de ORDES, XUBIAL INMOBILIARIA pon en venta esta CASA sita no Lugar de Vilar de Arriba, a escasos metros da AUTOPISTA DO ATLÁNTICO. Asentada sobre unha finca de 3.354m2, a vivenda conta con unha SUPERFICIE CONSTRUÍDA DE 188m2, ademais do BAIXO CUBERTA. Véndese AMOBLADA. Foi REFORMADA TOTALMENTE NO ANO 2008. Esta reforma conlevou o proxectado do tellado e a posta de tella do país, o revestimento de sate de toda a fachada, instalación nova de toda fontanería e electricidade, ventanas de PVC, solos novos e toda a vivenda e instalación de calefacción de propano. Distribuída na planta baixa con un hall recibidor, ampla zona de lavandería, baño, cociña totalmente equipada, salón comedor e outro habitáculo que se ben arestora fai a función de espazo de almacenaxe, podería ser unha habitación. Na primeira planta atopámonos cunha amplísima habitación principal con vestidor e galería, baño, outras dúas habitaciós e unha sala de estar. A maiores conta cun espazo BAIXO CUBERTA con moitos metros de almacenaxe. Na zona exterior está o GARAXE, con capacidade para ata 4 coches. Tamén conta cunha BODEGA. Ten AUGA DE POZO propia. Tamén auga de traída municipal, faltaría enganchala. En canto ao alcantarillado, tamén habería que enganchalo aínda que arestora fan uso de fosa séptica. Non deixes pasar esta oportunidade e concerta unha visita sen compromiso.
- 5 habs·
- 2 baños·
- 188 m²·
- Parking