Piso en Rúa de García Barbón, 46, Centro - Areal
Centro - Areal, Vigo
Apartamento en zona de García Barbón. Distribuído en 2 cuartos con armarios empotrados, cociña-salón, recibidor e baño con ducha. Situado nun edificio antigo que acaba de ser reformado, teitos moi altos (280cm) dando sensación de máis amplitude, completamente solleiro dende a mañá ata a noite (orientación este-oeste), tódalas ventás son exteriores. Terceiro andar sen ascensor. Os dous cuartos estaban habilitados para teletraballar. Garaxe en zona comunitaria e comunidade incluída no prezo. Auga quente con termo eléctrico e calefacción eléctrica. Dispoñibilidade inmediata. Gastos a asumir pola parte arrendataria: luz, auga, lixo Requerimentos: persoa/persoas traballadoras, serias, de longa estadía, menores de 36 anos. Mes de fianza que será depositado na Xunta de Galicia e mes de garantía a custodiar polo propietario. O propietario contratará seguro de impagos, polo que o arrendatario só deberá achegar información que demostre solvencia. Só se aceptarán contactos por mensaxe achegando toda a información que se considere pertinente e un número de teléfono no que concertaremos visita. Non se atenderán inmobiliarias.
- 2 habs·
- 1 baño·
- 60 m²·
- Calefacción














