Attic of 115 m² in Travesía RAIÑA LUPA, Boqueixón
Boqueixón
Gústache a luz? Gústache a luz natural? Gústache unha terraza con luz natural todo o día? Gústache ver o solpor dende a terraza? Sabemos que todas estas apreciacións que acabamos de facer se dan nun número mínimo de vivendas que saen ao mercado. Pois neste ÁTICO que dende XUBIAL INMOBILIARIA temos o gusto de presentarvos, podes facer que os anteriores desexos se fagan realidade. Vivenda AMPLIA, MOI AMPLIA, e con MOITA LUZ. (Mira o vídeo para facerte unha idea de cómo está distribuída). En Lestedo, a 15 kms exactos da PRAZA DE GALICIA, conta con 3 amplias habitacións (con armarios empotrados e unha delas con baño en suite), 2 baños, cociña EQUIPADA, amplísimo salón con AIRE ACONDICIONADO e unha SOLEADA TERRAZA. Todos os ELECTRODOMÉSTICOS da cociña, a excepción da campana extractora e a placa de vitrocerámica, son NOVOS. Ten CALDEIRA DE GASOIL CENTRALIZADA, para a calefacción e para auga quente. PLAZA DE GARAXE, ASCENSOR e TRASTEIRO (ao ladiño da praza). Non deixes pasar esta oportunidade de vivir a 10 minutos de Santiago, nunha ampla e luminosa vivenda con terraza. Chámanos sen compromiso!
- 3 rooms·
- 2 bath·
- 115 m²·
- +15 floor·
- Elevator·
- Parking·
- Terrace·
- Balcony